Envía a túa comunicación
Aberto o prazo para envío de comunicacións
O VI Foro da Cidadanía e Comunicación inclúe a publicación daquelas comunicacións que seleccione o Comité Cientifico. Os resumos das comuniacións deberán chegar por correo electrónico ao enderezo info@forocidadania.org até o día 16 de outubro de 2010. A notificación das comunicacións aceptadas será o día 30 de outubro de 2010. O envío do texto completo finaliza o día 2 de novembro de 2010.
Ler máis Español
Migración e Medios
VI FORO DA CIDADANÍA E DA COMUNICACIÓN
Migración e Medios: Migración nos Medios; Medios da Migración.
8-12 NOVEMBRO 2010
FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN (UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA)
A migración é unha condición que define o estatuto do humano e un feito determinante da súa propia historia. O tempo no que o ser humano acomodou é moi curto respecto do tempo do que aínda era un ser migrante.
A Condición migratoria medra «onde é posible imaxinar unha maior libertade, unhas mellores condicións de vida e un proxecto máis satisfactorio de realización persoal e familiar» (García Roca: 2010)
Na actualidade un de cada trinta e cinco seres humanos no mundo é un migrante (Rifkin: 2010)
http://www.forocidadania.org/
Ler máis English Español
